Friday 03 de May de 2024

O Concello de Touro organiza con motivo do 8-M un obradoiro para poñer en valor o protagonismo da muller


O Concello de Touro oganiza un obradoiro denominado Benquererse para poñer en valor o protagonismo da muller con motivo do 8 de Marzo, día da Muller. Será o próximo martes, 6 de marzo ás 11.00 horas na casa do Concello de Touro. Anacos, proxectos socioeducativos, será o encargado de impartir un obradoiro que tratará de poñer en valor ás mulleres abordando os diferentes aspectos das realidades diarias a través dos tempos, da autoestima e dos afectos. A sesión será de unha hora e media e está dirixida a todas as mulleres e tamén homes que quieran compartir un espazo onde sentirse seguros e con confianza. Por qué organiza este obradoiro o Concello de Touro? Porque trátase de crear espazos nos que as mulleres se poidan sentir seguras e que lles axuden a medrar xunto con outras compañeiras a través das súas experiencias. “Porque tamén precisamos de lugares onde coidarnos”, apuntan dende Anacos. As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono: 981.504.029